24.05.06

traballo en rosa

o meu pasteliño favorito de tódolos tempos é a “Pantera Rosa” a pesar da súa cor rosa E-124. Acompañounos a moitos nos recreos do colexio competindo cos “Tigretones” e os “Phoskitos”.
Agora no lugar onde traballo hai unha máquina expendedora con estes pasteliños e todo segue igual: as “Panteras” esgótanse antes cos outros produtos e eu contribúo a ese éxito. O malo é que só repoñen existencias unha vez á semana…




lanzado por porquiño | 14:13 | son todo oidos [4] |

23.12.05

xogos interactivos

a pasada semana nunha coñecida xoguetería na rúa do Vilar en Santiago de Compostela tiñan unha liquidación de xogos e xoguetes dos de antes; é dicir, de cando eu era novo. Unha verdadeira viaxe ao pasado.
Atopei un xoguiño sinxelo que tiña de cativo da colección ‘Los Imposibles’ de Congost.


Trátase de guiar coa nosa habilidade unha boliña de aceiro por un labirinto con buratos traicioneiros. Verdadeiramente aditivo, entretido e sen pilas.
Nestas festas aproveitarei as xuntanzas familiares para facer unha visita ao trasteiro dos meus pais na procura de lembranzas.


lanzado por porquiño | 07:03 | son todo oidos [3] |

18.03.04

os monos de mar

onte lembrei por unha estrana asociación de ideas un tema que sempre tívome intrigado: os monos de mar. Os maiores do lugar lembrarán uns misteriosos anuncios que aparecían en moitas revistas e tebeos dos 70 e 80 (xunto con outros de gafas de visión raios X, o método Charles Atlas de musculación e outros productos maravillosos) nos que se publicitaba unha estrana forma de vida. Segundo estes anuncios vostede recibía un sobreciño cuns pós que despois de introducir nun recipiente con auga convertíanse en maravillosas criaturas con formas humáns e que se aseguraba poderían ser amaestradas para realizar piruetas e outras proezas. Eu nunca crín nisto pero sempre quedoume a dúbida de que serían estes monos de mar.
Ó lembrar este tema onte busquei por internet e non me resultu difícil averiguar o que en realidade son estas criaturas: unha especie de camaróns (Artema nyos) descubertas por Harold von Braunhut en 1957; este señor encontrou que os bichiños enquistábanse ante a falta de auga manténdose nun estado latente e recuperaban a vida de novo na agua. O resto conseguiuno o poder do marketing… Moitos nenos deberon sentirse defraudados cando os polviños convertíanse no que poden ver se pinchan na imaxe de aquí enbaixo en vez da familia feliz de moniños de mar co seu castelo incluido.
Cantas colonias de monos de mar haberá nestes intres nas nosas alcantarillas?




lanzado por porquiño | 16:40 | son todo oídos [7] |

9.03.04

a patria do pasado

Esta fin de semana estiven por ferrolterra e fun visitar un lugar mítico da miña infancia: a capela da Virxe do Porto en Meirás (A Coruña). É unha diminuta capela situada nun pequemo promontorio onde o mar golpea con forza. Cando era moi pequeno levábanme ás praias cercanas e cos meus ollos de neno asombrado vía aquela capela ao lonxe como un lugar rodeado de misterio, inalcanzable, sobre todo cando a marea estaba alta pois o promontorio convertíase nun illote ao subir a auga do mar.
É agradable ver que algúns lugares do recordo seguen presentes e aínda é posible sentir neles as sensacións do pasado.
Non son moi partidario das citas pero isto que acabo de ler en historia universal de paniceiros paréceme axeitado:

(...) de repente, no sabemos cómo, entramos, peregrinos solitarios, en la tierra del exilio. Ya nada es como entonces: perdimos, tal vez por pura inconsciencia, una patria a la que no podemos volver a no ser en momentos fugacísimos de inesperada comunión, momentos en los que se restablece para nosotros solos, por medio de unas palabras o una música, la armonía del universo.


lanzado por porquiño | 14:05 | son todo oídos [7] |