15.12.06

máis música

o último gran concerto deste ano para min foi o de danielson na sala apolo de barcelona.

Sons uns tipos do máis curioso igual que a súa música;recoméndolles o seu disco deste ano ‘ships’.

Aínda que o meu descubrimento da noite foi o teloneiro jeffrey lewis do que oíra falar pero nunca escoitara a súa música.
Un novo heroe friki ao que seguir a pista.

As fotos son de elchicodelaleche.


lanzado por porquiño | 14:54 | |

4.12.06

yo la tengo


estiven no fabuloso concerto de Yo la tengo a pasada semana en Barcelona.
Aínda non pasan os anos para este “rapaces” e os seus directos seguen a ser intensos e cun repertorio inagotable.
Penso que cando os meus netos pregunten pola música que había nos meus tempos eles aparecerán na miña lista de destacados xunto a Pixies, Sonic Youth, Wedding Present, REM e moitos máis que omitirei para non semellar un carroza.


lanzado por porquiño | 10:24 | |

14.02.06

micah p hinson


onte fun a ver a Micah P. Hinson en Madrid.
Para o meu gusto do mellor que se pode ver nun escenario nestes tempos de novas sensacións de curto percorrido. Puro country-punk se iso existe…
Xa tiven ocasión de velo en Vigo o ano pasado e podo dicir que está a mellorar no seu directo.
Se estades en Vigo podedes comprobalo no vademecum este xoves 16.


lanzado por porquiño | 09:00 | son todo oidos [8] |

24.11.05

wedding present


onte vin en Madrid por vez primeira a wedding present en concerto despois de anos escoitando tódolos seus discos.
Lembreime do verán que aprendín a tocar a guitarra co george best de fondo, rompendo as cordas como David Gedge.
Dende xa o mellor disco do ano é Take Fountain.


lanzado por porquiño | 11:25 | son todo oidos [16] |

30.09.05

hefner

hefner é no meu parecer unha das mellores bandas de finais dos 90 aínda que pasaron algo desapercibidos quizais pola súa falta de pretensións (como din eles mesmos foron ‘a máis grande banda pequena británica‘).


A banda está disolta e semella que non teñen planes de voltar a xuntarse pero o seu cantante e compositor Darren Hayman segue a traballar.
Acaba de colgar na súa web un par de cancións novas e uns videoclips caseiros.

Podedes pasearvos un pouco por estes sitios:

caravan songs
cortinaland
web da banda


lanzado por porquiño | 06:59 | son todo oidos [11] |

22.04.04

jonathan richman


chegando hoxe a Vigo entereime por uns carteles que mañá estará tocando Jonathan Richman na sala Capitol de Santiago DC. Intentarei estar alí. Se saben quen é o tipo pode que tamén intenten ir e se non o saben pero gustan dos concertos informais de andar por casa con guitarra-batería e música sen complicacións vaian a coñecelo.


lanzado por porquiño | 16:29 | son todo oídos [12] |