1.10.07

vendima 2007

Como xa se temía este ano a vendima non deu para moito. Apañamos toda a uva albariña o domingo pasado e tan só enchimos 3 caixas fronte ás 25 do ano pasado. Menos mal que Manolo o veciño deixounos coller unhas uvas treixadura que non quería para el. Ao final 3 caldeiros de mosto para o barril que darán unhas 30 botellas; se o viño sale bo vai costar unha millonada.


Esta fin de semana tocoulle ás uvas tintas. Coa ameaza do mal tempo comezamos o venres pola tarde e apañamos 3 caixas. O sábado xa tivemos chuvia todo o día e xa semellaba que o viño tinto sería tan preciado como o branco. Pero o domingo despois de xantar víanse claros esperanzadores no ceo e fomos correndo ás viñas propiedade de Manolo que, coa súa filantropía habitual, cedeunos parte das uvas de folla redonda que alí estaban ao refuxio da chuvia.
Nestes intres están a fermentar na cuba as 17 caixas de uva tinta.


lanzado por porquiño | 10:25 | |

Con veciños así, a vida vale un mundo.
Por certo, en vez de eñes e tiles saen uns cadradiños que empecen a lectura. Que ocorre?


peke    1 10 2007 - 12:54    #

Pois si, é unha sorte; dende o primeiro día que nos mudamos á aldea os nosos veciños colindantes ‘adoptáronnos’.
O dos eñes é posible que fose debido á selección automática de codificación do navegador.


porquiño    1 10 2007 - 14:16    #

Ola! Que sorte ter veciños así, outros xa quixeran o mesmo. espero que na proxima vendima teñades unha boa colleita.kiños


elfiña dos soños    16 10 2007 - 20:14    #

E iso que non sabedes que agora mesmo estamos a vivir na súa casa por obras na nosa…


porquiño    17 10 2007 - 15:16    #