15.05.07

salvade ás abellas

dende o ano pasado temos aloxadas na eira unha colonia de abellas, agasallo dun coñecido apicultor.




Todo un luxo vendo como o está o panorama apícola polo mundo con despoboamentos de colmeas a grande escala; xa dixo Einstein que cando desaparezan as abellas pouco nos queda aos humanos. Esperemos que se faga algo para remediar o problema.


Dende o meu pequeno curruncho no mundo tento coidar ás miñas abellas con árbores e plantas para que polo menos non lles falte comida.



lanzado por porquiño | 19:11 | |

E dan rico mel ou aínda non sementou?


peke    6 06 2007 - 20:21    #

Pois si. Tiven que sacar un par de cadros cheos de mel para deixar sitio para a posta de ovos da raíña. E o mel xa vai case ventilado…


porquiño    7 06 2007 - 09:41    #