24.05.06

traballo en rosa

o meu pasteliño favorito de tódolos tempos é a “Pantera Rosa” a pesar da súa cor rosa E-124. Acompañounos a moitos nos recreos do colexio competindo cos “Tigretones” e os “Phoskitos”.
Agora no lugar onde traballo hai unha máquina expendedora con estes pasteliños e todo segue igual: as “Panteras” esgótanse antes cos outros produtos e eu contribúo a ese éxito. O malo é que só repoñen existencias unha vez á semana…




lanzado por porquiño | 14:13 | |

Pensei que xa non se fabricaban. Bo proveito! ;)
peke    29 05 2006 - 07:36    #

Eu rillei moitas onzas de chocolate negro, barras de regaliz e unha especie de garabullo que lle chamaban “palo dulce”... e bebin aceite de figado de bacalao por litros..
pepe penas    30 05 2006 - 19:15    #

E había uns triángulos de chocolate e biscoito de Panrico fantásticos, que viñan envoltos, que non empaquetados, en papel metalizado verde e prateado. HMMMMMMM!!!!!
leco    24 06 2006 - 19:38    #

:D
http://desorde.blogspot.com/2006/08/pantera-rosa.html


desorde    30 08 2006 - 12:32    #