16.12.05

galician tea

unha nova proposta de cultivo en Galiza: o té. Esta planta da familia das camelias (camellia sinensis) fun atopala no mercado das flores de Notre-Dame en París despois de procuras infructuosas polos viveiros da nosa terra. Fai pouco floreceu.


As follas do té comezan a recollerse aos tres anos de vida da planta.
Non sei se a calidade do té será boa porque nesta inflúe a altitude da plantación.
No limiar de A lus do candil de Anxel Fole este comenta que no Courel podían atoparse arbustos de té polo que aínda hai esperanza.


lanzado por porquiño | 07:23 | |

Non entendo moito de botánica, pero se pertence á familia da camelia, que veu do Xapón e acomodouse tan ben a estas terras, si parece haber esperanzas. Xa nos contará en tres anos! Saúdos.
Xesús Fraga    17 12 2005 - 08:15    #

A flor semella un ovo cocido.
Todo Terreo    17 12 2005 - 14:53    #

Sería bo tomar o te galaico a iso das 12 da noite agardando a Santa compaña.
Xosé Antón    19 12 2005 - 11:03    #

Que gozada ter o seu propio té!
peke    20 12 2005 - 06:15    #

Unha aperta e Bo Nadal
pepe penas    21 12 2005 - 18:14    #

Si o té ten o sabor que transmite a imaxe, estará ben rico.
Xa nos contará...
:)
Marinha de Allegue    22 12 2005 - 19:49    #

Xa me gustaría a min topar unha pranta…mais que nada por que a miña compañeira gorentalle moito o te, eu non o podo tomar pero gusto de ver as suas flores.
An    31 03 2006 - 07:19    #