7.10.05
vendima 2005
aquí teñen algunhas imaxes da vendima deste ano. A nosa colleita foi menos cuantiosa que a do ano pasado pero a uva estaba en mellores condicións.

Conseguimos encher un barril de blanco, outro de rosado (chamámoslle así a unha mezcla de uva blanca e catalana), un de tinto tipo Barrantes e un inclasificable co mosto que nos quedou de varias uvas que fermentamos para obter o bagazo. En total 32 arrobas de viño (1 arroba = 15 litros aproximadamente).

Este ano un veciño contounos que o mellor método para evitar que o mosto no barril bote escuma por fora é poñer tubos de goma dende o barril para o escape dos gases da fermentación. A adega semellaba un experimento do Quimicefa.

Todo o pobo estivo revolucionado estes días. Ao final corrían ríos de viño polos camiños.

lanzado por porquiño |
02:25 |
|
agro
viño
viticultura
Eu tamén rematei a vendima a semana pasada. No último caldeiro que vendimei cortei un ollo cunha folla, xa estou curado pero maldecín a uva, a viña e o viño durante toda a semana.
— Xosé Antón 12 10 2005 - 09:18 #
— Xosé Antón 12 10 2005 - 09:18 #






e engadinlle o rss da tua blog
pasao
— goretoxo 9 10 2005 - 18:57 #