2.09.05
dieta jipi
pouco a pouco estamos a gañar fama de rariños no lugar cos nosos costumes alternativos. Este ano sementamos millo doce pero non para os polos e galiñas como fan o resto dos veciños; o millo comémolo nós asando as mazarocas no forno. Podo asegurar que é moito máis sabroso que o que venden plastificado nos supermercados.
ai, os carrouchos. Si, así lle chaman aquí ás espigas verdes, que se caracterizan por ser doces e algo ‘leitosas’. Dende sempre collemos algunhas para poñelas enriba da plancha da cociña de ferro e ummmmmmmm… Graciñas por facerme acordante de que estamos na época, a ver a que veciño lle ghispo algún. Nada para o ano, semento para min cinco pés de millo.
— patri 5 09 2005 - 08:51 #
— patri 5 09 2005 - 08:51 #
¿Probaches a cocelas e despois botarlles un pouco de sal? Estanche ben ricas. Que vos aproveiten e coidadiño que seguramente fan medrar a panza.
— Todo Terreo 12 09 2005 - 13:57 #
— Todo Terreo 12 09 2005 - 13:57 #






— maray 2 09 2005 - 13:03 #