13.04.05
o espírito da colmea
o pasado ano puxemos unha colmea tradicional de cortizo por ver se algún enxame sen casa dedicía instalarse nel. Non houbo sorte.
Este ano fixémonos cunha colmea das modernas por se as abellas prefiren as comodidades dos tempos que corren.

Polo momento non se decidiron a ocupala aínda que nos días de sol aparece un grupiño de exploradoras que entran e saen da colmea e examinan todos os seus recunchos como persoas na procura dun piso novo.
Vexamos se se deciden axiña pois enxame que enxamia en maio ao veciño dallo
lanzado por porquiño |
10:29 |
A boas horas comento! jaja.
Estache dificil o das abellas. O meu avó tiña antes unha morea de colmeas, andabamos a dar a mel ós coñecidos porque se non se botaba a perder.
Dende hai un par de aniños as colmeas están baleiras. De feito agora só ten dúas, no resto de colmeas as abellas morreron. E nestas dúas non veu ningún enxame en dous anos.
Disque son os pesticidas que as matan.
Espero que teñas sorte, a mel natural está moi boa. O can esta moi preto da colmea, anda que como o piquen no fuciño.. jaja.
— Arduina 2 05 2005 - 05:01 #

Me parece que é pouco probable que as abellas entren nunha cortiza así polas boas. De toda a vida onde eu vivo para que as abellas se metan nun cortiza tes que perseguilas cando saen da colmea vella tra-la nova raíña, ata que pousan facendo unha piña, despois adormentalas con fume e recollelas cunha sabá ou un pano branco; se llo pos debaixo non sei por que se pousan nel. Logo tes que trasladalas ti á nova cortiza e cando espertan do solpor do fume xa están na nova cortiza.
Creo que tal vez como sempre se fixo así elas pensan que forman parte dun encantamento ou mesmo do proceso natural e sen saber cal é a tua intención soen quedarse para sempre, despois aceptan paga-los diezmos se as volves a afumar porque recoñecen o fume coma un simbolo.
Isto último se cadra, o primeiro sempre o vin facer así.
— jose 2 05 2005 - 12:22 #

Por certo, a cadela está lustrosa e lindísima.
¡Coidado cos franceses! ;)
— peke 15 04 2005 - 18:52 #