5.04.05
my roving days are not over...
... ou xa fixen as maletas de novo.

Esta vez tocoume ir a traballar unha tempada a París, Francia. Cheguei onte e a primeira impresión é que non hai carteis indicadores suficientes xa que andiven un bo rato perdido nun centro comercial (onde remataba a liña de tren dende o aeroporto) sen atopar a saída.
O teclado das computadoras francesas é ben rariño.
Os compañeiros de traballo franceses chocan a man como saúdo cando chegan polas mañás pero o resto do día non falan moito entre eles.
Menos mal que podo voltar con frecuencia a casa porque agora toca trasegar o viño e dentro de pouco tempo tócalle o regreso a sulfateitor man.
Au revoir mes amis.
lanzado por porquiño |
09:37 |





