11.03.05

agora todo é un ciclo


a coella voltou a parir este ano aínda que un pouco máis cedo. Os pobriños naceron no medio da racha de frío pero o niño feito cos pelos da súa nai foi efectivo para manter a calor. Agora xa saen por fora do galiñeiro convivindo ben cos polos e galiñas e medran a ollos vista.


lanzado por porquiño | 06:38 |

A min somentes me quedou unha conexa..o resto pasaron a mellor vida, que se lle vai facer…Eso si, os gatos crian como coellos.
paxaradas    5 02 2012 - 02:57    #

¿En que parte de Meis está porquiño?
Óscar H.    5 02 2012 - 02:57    #

Pero ¿ti cantos animais tes na casa?
parece a arca de Noé...
Pasaba por aquí...    5 02 2012 - 02:57    #

Parecen bólas de peluxe. E si, semellades a Arca de Noé; incluso tendes tigre. ;)
peke    5 02 2012 - 02:57    #

Se sobreviviron ao frío, serán fortes; pavos? ovellas? porco? vaca? Para onde tira a vosa familia? ;-)
opaco    5 02 2012 - 02:57    #