4.03.05

todo un mozo

o noso gato Pan xa é todo un mociño. Até o de agora era raro que ao chegar eu no coche non aparecese el a dar a benvida.
Pero onte mesmo non se lle veu o pelo en toda a noite e tiñame preocupado. Apareceu hoxe pola mañá e din que ulía a perfume de gatiña.
E lei de vida. Axiña comezará a pedir o coche para saír.


lanzado por porquiño | 06:37 |

Arrea, pois si que cambiou. Agora ata ten pinta seria e todo; antes era coma un tigretón, agora semella un aprendiz de tigre. :)
peke    5 02 2012 - 03:08    #

Preparádevos agora para cando volva todo esnafrado… non ha tardar en precisar do botiquín
caladinha    5 02 2012 - 03:08    #

o gatiño é forte porque voltou intacto. Nestes días xa non sae da casa pois aquí cómese ben con fideuás de coello, comidas orientais e pizzas á leña.
porquiño    5 02 2012 - 03:08    #

que guapo está pan. teremos que presentarllo á miña matilde…
ra    5 02 2012 - 03:08    #

...agardo que sexades respetuosos e non os poñades en evidencia… non che hai peor cousa que uns sogros sabechudos… ;P
dorfun    5 02 2012 - 03:08    #

Ten algo que ver esta saída de Pan coas escoitas dos Modern Lovers? Banda sonora perfecta. Non lle poñas os Stray Cats, polo que poida pasar…
Xesús Fraga    5 02 2012 - 03:08    #

ponlle Lovecats dos Cure. O que si nunca lles poñas nada que leve gaita, os meus dous gatos poñense coma tolos cando escoitan a gaita. Deben pensar que o son dun gato no matadoiro ou algo así.
alterego    5 02 2012 - 03:08    #