16.02.05
importando agropopart

aquí ha¡ unha nova aportación á corrente do agropopart na súa vertente de arte funcional; nesta ocasión o modelo orixinal atopeino no Asador Macacos, playa del Norte, Ciudad del Carmen, Yucatán, Mexico. Trátase dun asador feito cun tonel de lubricante coa posibilidade de tapar para conservar o calor dos alimentos; semella que o modelo é bastante extendido por México e cónstame que tamén en Colombia é coñecido o asador-tonel.
Este foi elaborado en vila porquiño cun tonel de Castrol e as patas cun metálico de cama vello; xa pasaron por el uns chourizos caseiros, unhas chuletas e un polo dos da casa.
lanzado por porquiño |
10:28 |
Extráñame que te chame a atención o artiluxio e a súa orixinalidade xa que se usa moito aquí, en Galicia en tempos de sardiñas.
Un saúdo.
— perdidoenlared 16 02 2005 - 13:33 #
Un saúdo.
— perdidoenlared 16 02 2005 - 13:33 #






A diferenza é que o nosso porquinho aprendeu o sistema no México, onde comer “en las calles” é quasi uma religiao, e nom uma vergonha como em outros lugares…
Gostei do invento porquinho. Que bom que moramos na GALIZA CANÍBAL!
— FAROFEIRO 5 02 2012 - 03:18 #