10.02.05

estamos traballando

as pasadas semanas foron movidiñas; primeiro moito traballo do que me pagan e esta fin de semana traballo do que non pagan pero é máis satisfactorio: a montaxe dun invernadoiro a escala reducida.
Este foi un proxecto que xa comezou a finais do ano pasado; o meu pai encargouse do deseño e coa axuda do meu padriño estiveron dobrando os tubos de ferro galvanizado de manera totalmente artesanal.
Esta fin de semana trouxeron todos os ferros e o plástico e andivemos montándoo.

Primeiro o meu pai, que é soldador, estivo a soldar tódolos tubos; despois xa se fixeron os buracos na terra para achantar a estructura. O último paso foi colocar o plástico e amarralo ben aos tubos. Así quedou o invento, inmune a xeada que caeu ese día.

Agora xa hai plantados tomates, xudías e tirabeques ademáis de varias sementes para xerminar.


lanzado por porquiño | 05:13 |

Suerte con los vegetales. La construcción me ha parecido una virguería. Sois unos fenómenos.
perdidoenlared    10 02 2005 - 14:33    #

¡Abofé! Un traballo ben feito. :)
peke    11 02 2005 - 14:11    #