5.01.05
eu tamén estiven alí
a comida blogomilleira do domingo pasado serviume para:
– coñecer ás persoas con apelido .blogspot e demais e constatar que non se semellan en nada á miña idea previa deles.– recibir un sorriso do opedriño e chocarlle un dedo.
– determinar que o 50% dos blogueiros fuman e o 95% bebe licorcafé (sería o 100% de non ter estado opedriño).
– facerlle saber a moitos dos presentes que non son tan maior como pensaban aínda que son máis vello do que quizais eles pensan.
A próxima é preferible facela ao aire libre para escoitar mellor tódalas ideas que voaban por alí: a 1ª comida campestre do blogomillo.
lanzado por porquiño |
06:01 |






— paleón 5 01 2005 - 07:44 #