21.12.04

viño porquiño


Chegou o esperado momento de probar o noso viño. As xeadas das últimas semanas viñeron de marabilla para clarexar o viño e xa comezamos a bebelo. O que mellor sabe é o branco feito na súa maioría con uva albariña; o tinto tipo Barrantes resultou un pouco forte, bravo como di o veciño.
A ver se non se bota a perder cando cheguen os calores xa que non lle engadimos “sulfuroso” nen nada semellante como é práctica bastante habitual pola zona.


lanzado por porquiño | 09:49 | |

¡¡Saúde e bo proveito!! :)
peke    21 12 2004 - 11:43    #

O albariño sempre só, e o barrantes con jaseosa…. que lle aproveite
Princesa Fiona    22 12 2004 - 06:42    #

Que o disfrutes e saborees en boa compaña!!
Bicos. Carmiña
muralla    22 12 2004 - 15:56    #

A modiño co viño, que che ten moi boa pinta ;-)
opaco    23 12 2004 - 10:47    #

ola, veño molestar :)

no blog de todo nada andamos a buscar unha data para a kdd de nadal do blogomillo, apuntaste?, podes traernos unha proba dese viño :>
ascárida    23 12 2004 - 14:28    #

Um feliz natal pra você, puerquito. Faça um brinde por nós, que teu vinho é muito melhor que o nosso, aqui no Brasil. Mas a gente ainda chega lá...

Abraços.
maray    24 12 2004 - 08:28    #

Fago miña a petición de ascárida. Tédesnos que traer a proba!
María    29 12 2004 - 10:22    #

Parece un cartel de Falcon Crest… Estás feito todo un terratenente!!!.
Xosé Antón    2 01 2005 - 19:42    #

Parabéns polo viño ;-)
opaco    3 01 2005 - 03:50    #

O vinho estaba mui bem… pero eu pensei que era licor-kafé :-(
EMF    3 01 2005 - 04:44    #

“Condenado” viño, ben bo que estaba en tódalas súas variedades.
caladinha    3 01 2005 - 12:38    #

Non, se aínda vai pagar a pena ir atar as vides… :-)
Martin Pawley    4 01 2005 - 21:40    #

alégrome de que lles gustase despois do traballiño que deu; acéptanse pedidos :-)
porquiño    5 01 2005 - 04:06    #