15.12.04

marcianitos

hai moitos anos, cando non había playstations nin nada semellante as máquinas de marcianitos dos bares eran o único xeito de poder salvar ao planeta de invasións alieníxenas a cambio dunha moeda de cinco pesos. Lembro especialmente un xogo, o Scramble ao que xogaba eu co meu irmán e curmáns unha soa vez ao ano coincidindo cunha comida familiar anual nun famoso restaurante de A Capela.


Este xogo é o clásico no que hai que ir avanzando sempre cara á dereita sorteando todo tipo de obstáculos e eliminando ás naves inimigas que saen ao noso paso. Tiña a particularidade de poder chimpar bombas e de ter que garantir o nivel de fuel da nave destruindo(?) os tanques de combustible que se atopan pola superficie do territorio inimigo. Con tantas cousas por atender xogabamos en equipo: un manexaba a nave, outro disparaba e outro lanzaba as bombas. E así até que se terminaban as moedas coas que tíos e outros parentes nos agasallaban nesa ocasión.
Nunca poidemos chegar ao final do xogo…
Nestes tempos máis tecnolóxicos pódese atopar un emulador das máquinas recreativas, o MAME (multiple arcade machine emulator), e poder desfrutar na computadora dos xogos do pasado sen ter que meter os cinco pesos.


lanzado por porquiño | 06:38 |