8.11.04

castiñeiros fields forever


son os tempos de ir ao monte na procura de castañas pero onde eu vivo isto vai sendo máis difícil pouco a pouco pola perda paulatina dos nosos castiñeiros. Os eucaliptos están por todas partes e a maioría de veciños prefiren facer leña dos castiñeiros que quedan.

É unha mágoa porque a castaña podería ser unha boa fonte de riqueza e só parecen sacarlle proveito algúns como o señor Cuevas. E máis agora que a madeira de eucalipto xa non proporciona moitos ingresos.



Suxerencia inxenua: cortade tódolos eucaliptos e plantade castiñeiros.


lanzado por porquiño | 11:36 |

Os dous castiñeiros nos que collín castañas dende pequechiña están mortalmente enfermos, cada ano máis debilitados… Este ano aínda non me atrevín a agchegármelle.
caladinha    9 11 2004 - 03:41    #

Confeso, confeso!!! Confeso que plantei na miña vida bastantes (moitísimos!!!) máis eucaliptos que castiñeiros. Porquiño, non me retire a palabra, que os montes non eran meus!!!
jean-sol    9 11 2004 - 07:30    #

jean-sol: xa sabe, a plantar un castiñeiro por cada eucalipto que teña sobre a súa conciencia.

non sabía que a miña idea tería tan pronta repercusión; lean aquí
porquiño    9 11 2004 - 10:57    #

Buf, son moitos de dios, eh? e servidor xa non está para eses trotes. Vale un por cada dez?
jean-sol    9 11 2004 - 12:36    #

Olho com o que pede… Tenho um amigo que afirma que os castinheiros som também umha espécie foránea, seica os trougérom os romanos. Para além, estám hibridados todos os que se tenhem em pê cumha espécie americana ou algo assim, que era o único jeito de os salvar da enfermidade da tinta… Bom, bemvindos sejam de qualquer jeito. Olha lá coma até os símbolos máis puros som cousa de mestizagem…
São Tomé    10 11 2004 - 05:19    #