27.10.04
coma can e gato

aquí teñen a pan e a luna nunha estampa habitual na nosa cociña. Aínda que o gato fai rabiar moitas veces á cadela esta ten moita paciencia con el e despois das pelexas seguen tan amigos.
Pero non se deixen enganar polo aspecto de gato mansiño; aí onde o ven é un experto cazador de ratos dende a súa tenra infancia. Fai pouco estabamos de visita na casa do veciño e pan entrou un chisco na bodega: aos pocos segundos saiu correndo cun rato na boca; despois estivo pelexando co rato até que o chimpou por un muro abaixo e foi tras el no máis puro estilo dunha película do oeste.
Despois disto o veciño adoptou un gato pequerrecho que andaba perdido polo lugar pero nunca poderá superar á habilidade do noso pan; xa estou pensando en abrir unha compañía de exterminio de ratos a domicilio…






saudiños :)
— andrea 28 10 2004 - 09:03 #