14.10.04

conservas porquiño

neste tempo toda a froita ven de golpe e non hai tempo nin fame nin parentes cercanos dabondo para comela toda. Por iso a solución é a de facer preparados coma compotas, marmeladas, encurtidos en aceite e salsas. Menos mal que a señora de porquiño é unha especialista nestas lides e así enchéronse os estantes de marmeladas de mazá, pera, figos e amoras; salsa de tomate; pementos en aceite; doces de marmelos e figos; peras en viño tinto.
Algunhas veciñas tamén traen as materias primas á nosa cosa para seren transformadas en distintos produtos elaborados.




lanzado por porquiño | 16:07 |

O millor que podes facer é poñer un almacén de coloniales.
xisbe    14 10 2004 - 19:51    #

É certo, ¿non vendedes? Porque a señora de porquiño vendía xabóns artesanais, ¿non? (Tamén me interesarían). Se vos animades, déixame por aquí unha notiña, que eu veño a diario.
peke    16 10 2004 - 17:37    #

Cala, que teño uns botes de salsa de tomate q mandoume a miña avoa... Mi má, míroos tódolos días, pero dame peniña comelos... Vaia delicatessen!!
Brocco    20 10 2004 - 12:05    #