10.09.04
a familia crece II

eramos poucos e pareu a avóa… Poucos días despois da chegada de Pan, chamounos o veterinario “familiar” para contarnos que unha familia tiña unha Golden Retriever de un ano e medio e como non podían seguir coidando dela regalábana a quen a quixera na súa casa.
E así chegou Luna.
Eu pensaba que tardaría en afacerse á súa nova casa e familia pero non foi así. O problema é que os anteriores donos non a educaron moito pero as dotes de adestradora da miña dona está facendo milagres pouco a pouco.
Este tipo de cans (o de Scottex, como di a xente pola rúa) son moi tranquilos e lévase moi ben con Pan e permítelle todo, aguantando con paciencia os ataques de guerrilla do gato: mórdelle no rabo, dalle coas patas na cara, róballe comida do seu cacharro,...
Para os entendidos en temas caninos se cadra é interesente o dato de que Luna é filla do famoso Alex de Cangas, que semella ser o pai de tódolos Golden Retriever da zona.
Mágoa que non se lle poda cambiar o nome, demasiado misticismo para meu gusto, xa que eu prefiro os nomes máis de andar por casa e absurdos coma Bombilla, Pancreas ou Lentellas.
lanzado por porquiño |
13:03 |
|
mascotas
Elle ben bonita e leendolle o anterior post decidín que se teño can ou cadela chamareille Pan (ou Bola); góstame inda que non me gosten os felinos.
— Princesa Fiona 15 09 2004 - 11:36 #
— Princesa Fiona 15 09 2004 - 11:36 #






— peke 10 09 2004 - 16:25 #