3.09.04
a familia crece
xa estou de volta na moenda diaria. As vacacións curtas como sempre pero igoalmente satisfatorias. Paseinas tranquilo na miña casa facendo turismo rural con actividades incluidas e nos momentos de descanso lendo tumbado na miña hamaca mexicana.
Un dos feitos salientables destas vacacións foi a chegada de Pan, o noso novo gato adoptado; vino na casa duns coñecidos, tan pequerrecho e cun ronroneo imparable, e foi un flechazo. Días despois xa estaba na nosa casa e axiña afíxose aos máis cómodos lugares.
Os primeiros días seguíame coma un canciño mentres lle ensinaba o seu novo campo de xogos e aventuras. Todavía segue a facelo pero xa se lle ve máis independencia. Come todo o que lle deas e se o collo para mimalo tenta atopar un teto onde mamar (seica debeu ser destetado antes de tempo) e ponse a miar coma tolo se non lle deixas facelo.
Gosta moito de subir polas maciñeiras e os postes das viñas e ao pouco de chegar cazou uns ratos pequeniños nunha das bodegas. Tamén fíxome rir dunha maneira sinxela que botaba de menos.
O seu nome non ven de Peter Pan (que podería ser axeitado) se non do pan noso de cada día; outros nomes polos que se lle coñece son Mazapán (cando fai algo malo), Pantrigo ou Broullas (bautizado polo meu veciño en referencia aos seus pequenos xenitais).
Espero que siga connosco moito tempo máis e que non se perda nas xaneiras.







— caladinha 3 09 2004 - 18:54 #