8.07.04
barriga verde
onte fun á recentemente inaugurada casa da cultura de Meis a ver o espectáculo de títeres Barriga Verde da companía Viravolta de Lalín. É unha peza clásica de cachiporrazos que se representaba moito polas feiras de Galiza e que nos tempos do franquismo foi censurada. Hai moitos estacazos, moitas mortes, infidelidades conxugais, un enterro, gardas civís pouco eficientes, aforcamentos, unha corrida de touros, e un cura que remata no inferno.
Non a perdan se estes titiriteiros se achegan ó seu pobo.
lanzado por porquiño |
14:34 |
Eu vinos esta finde en Lalín, na Foliada.
Gosto deles dende que botaron a andar, xa fai algúns anos, unha iniciativa de animación cultural nas aldeas do concello, para achegar os seus espectáculos a uns rapaces (e tamén adultos) que poucas veces poden ter acceso a este tipo de iniciativas.
— caladinha 12 07 2004 - 13:02 #
— caladinha 12 07 2004 - 13:02 #
Supoño que tamen estarias este domingo no concerto de Milladoiro na tua terra. A pesares dos desafinos de Ferreiros no primeiro tema, seguen a ser os MELLORES.
— Xose Anton 13 07 2004 - 03:08 #
— Xose Anton 13 07 2004 - 03:08 #
O de "Barriga Verde", efectivamente, é obra de Manuel Maria e mais é popular (até se podem estabelcer conexões co Mr. Punch inglés). Podeis saber algo sobre este fito da cultura do país durante o franquismo em
http://www.culturagalega.org/temadia_arquivo.php?id=2254
ou, muito mais desenvolvido, no número 2 de BULULÚ: A REVISTA DOS TÍTERES
do IGAEM.
Que aproveite.
— São Tomé 16 07 2004 - 13:11 #
— São Tomé 16 07 2004 - 13:11 #
eu atopei este sitio donde contan a historia do creador do persoaxe de Barriga Verde.
http://www.geocities.com/acedofeita/barriga.htm
— pepe penas 6 10 2004 - 20:20 #
— pepe penas 6 10 2004 - 20:20 #
eu atopei este sitio donde contan a historia do creador do persoaxe de Barriga Verde.
http://www.geocities.com/acedofeita/barriga.htm
— pepe penas 6 10 2004 - 20:22 #
— pepe penas 6 10 2004 - 20:22 #
eu atopei este sitio donde contan a historia do creador do persoaxe de Barriga Verde.
http://www.geocities.com/acedofeita/barriga.htm
— pepe penas 6 10 2004 - 20:23 #
— pepe penas 6 10 2004 - 20:23 #






— Depósito 8 07 2004 - 19:18 #