22.06.04
crónica sucinta
xa que moitos escribiron a crónica do que pasou na casa das crechas o venres pasado só me queda facer unha crónica sucinta do sucedido. De todas formas penso que non teriamos que contar nin mostrar ó mundo nada do que aconteceu para incrementar o oscurantismo que rodea a esta masonería da fouciña e o sacho.
Só direi que estou encantado de ter coñecido en persoa ó señor paleon, á señora dot, á dilleipiensosnudesa maría, a monsieur jean-sol partre, ó señor Cesare, a un dos aduaneiros. Moitos máis estaban alí pero non se presentaron, quizais intimidados polo sexapil das miñas lentes protectoras; un saúdo igualmente para eles e elas.
Eu pensaba que erades todos máis altos como pasa na tele …
Para a próxima haberá que levar máis licor café caseiro e se hai sorte feito con caña da casa.






— ascárida 22 06 2004 - 19:48 #