21.06.04
casa do queixo

onte fomos coa nosa sobriña máis pequena (esta aínda non gaña premios pero pouco lle ha faltar) á casa do queixo no concello de Sobrado dos Monxes. É unha granxa con talleres para os cativos sobre todo de cidade. A nós ensináronnos como facer pan e queixo (isto foi o mellor para min e o queixo estaba ben bo; repetín a elaboración para o meu propio disfrute).
Creo que o que máis lle gustou á miña sobriña foi dar un pequeno paseo na egua moura da granxa; era a primeira vez que montaba nun cabalo e, coma min co queixo, quixo repetir con outra egua de cor castaña. Tamén disfrutou dándolle de comer ós cabalos e ás vacas.
Nós trouxemos dalá un coello macho para continuar a estirpe na casa.
Se teñen nenos ou sobriños este é un bo sitio para levalos e non é demasiado caro.






— ascárida 22 06 2004 - 20:46 #