16.06.04
sardiñada
achégase o san xoán e esta fin de semana tomamos a primeira sardiñada. Preparadas á brasa no primixenio asador de pedras da nosa leira xa comenzan a mollar o pan. A mesa na que foron degustadas foi orixinalmente un tonel de formigón usado para mesturar os sulfatos para as viñas, unha nova mostra de agropopart.

Despois destes manxares chegou a cata dun licor de caña tostada que deixou nunha garrafa a anterior propietaria da casa. Nin absenta nin nada: este é o espirituoso máis alcólico que probei na miña vida; a resaca aínda non se foi de todo.
lanzado por porquiño |
16:21 |
Sendo as sete da tarde a visión das súas sardiñas faime babear; relamome diante do portatil...
— Princesa Fiona 16 06 2004 - 20:04 #
— Princesa Fiona 16 06 2004 - 20:04 #






— peke 16 06 2004 - 17:58 #