10.06.04

debulleitor 1.0

non sei se os expertos na corrente agropopart consideran a seguinte peza dentro de dita tendencia ou ben dentro dun subxénero no que o que prima é o práctico fronte o estético.




A peza é unha debulladora de millo rotatoria tamén coñecida como debulleitor. Foi construída por un artesán do Salnés cun vello motor de lavadora e unha banqueta clásica de catro patas; o funcionamento é ben sinxelo: introdúcese a mazaroca de millo polo burato que pode verse na foto dereita e o xiro do motor ocúpase do resto; os graos de millo van caendo pola parte inferior do inxenio. Ata os nenos e nenas poden utilizalo.
Esta peza pode contemplarse no museo etnográfico da casa de porquiño.


lanzado por porquiño | 16:35 |

...a mente humana moito discurre, eh! Eu penso que se encadra nas novas tecnoloxías do aghropop-art. Xa o dicía... haiche moito enxeñeiro frustrado!
dorfun    10 06 2004 - 20:03    #

Vaités, tecnoloxía pura, e cantos cabalos dis que ten?? Por certo, en calquera peza de AghroPop que se precie prima o funcional fronté ó estético, non te preocupes por iso. Para cando a visita ghiada por ese teu santuario do AghroPop.
caladinha    10 06 2004 - 20:06    #

Mima, mimaaaaa !!! iso si que é moito... eso é toda unha revolusión conseptual do Agropop-Art !!! unha pregunta, iso tamén ten "Velocidade constante" como nos anunsiós de R??????? Despois do museo do Pobo Galego, a túa casa semella ser o museo máis importante do país ;-)
paleón    11 06 2004 - 18:30    #

O mellor de todo... é que non sabía que existía en inglés o verbo to debullate, vaia anglicismo!
opaco    14 06 2004 - 11:58    #

I debullate, you debullate, we all debullate... é verbo regular se queredes conxugalo. Creo que vou abrir o primeiro museo agropop antropolingüístico. A debulleitor ten selección de velocidad intelixente en función do tamaño do grao e do tipo de millo; tamén trae opción de planchado fácil.
porquiño    15 06 2004 - 17:19    #