10.06.04
debulleitor 1.0
non sei se os expertos na corrente agropopart consideran a seguinte peza dentro de dita tendencia ou ben dentro dun subxénero no que o que prima é o práctico fronte o estético.


A peza é unha debulladora de millo rotatoria tamén coñecida como debulleitor. Foi construída por un artesán do Salnés cun vello motor de lavadora e unha banqueta clásica de catro patas; o funcionamento é ben sinxelo: introdúcese a mazaroca de millo polo burato que pode verse na foto dereita e o xiro do motor ocúpase do resto; os graos de millo van caendo pola parte inferior do inxenio. Ata os nenos e nenas poden utilizalo.
Esta peza pode contemplarse no museo etnográfico da casa de porquiño.
lanzado por porquiño |
16:35 |
Mima, mimaaaaa !!! iso si que é moito... eso é toda unha revolusión conseptual do Agropop-Art !!! unha pregunta, iso tamén ten "Velocidade constante" como nos anunsiós de R???????
Despois do museo do Pobo Galego, a túa casa semella ser o museo máis importante do país ;-)
— paleón 11 06 2004 - 18:30 #
— paleón 11 06 2004 - 18:30 #
I debullate, you debullate, we all debullate... é verbo regular se queredes conxugalo.
Creo que vou abrir o primeiro museo agropop antropolingüístico.
A debulleitor ten selección de velocidad intelixente en función do tamaño do grao e do tipo de millo; tamén trae opción de planchado fácil.
— porquiño 15 06 2004 - 17:19 #
— porquiño 15 06 2004 - 17:19 #






— dorfun 10 06 2004 - 20:03 #