9.06.04

muíños


esta fin de semana fun visitar uns muíños de auga restaurados en Barrantes, Ribadumia. Hai tres que aínda moen millo e os domingos están abertos ó público con venta da fariña moída alí mesmo.
Era a primeira vez que vía un muíño funcionando e moendo o millo. É unha mágoa que toda esta tecnoloxía inxeniosa dun pasado non tan lonxano estea a perderse nestes tempos veloces.
Vaian visitar estes muíños, é doado de dar con eles: se chegan pola vía rápida do Salnés e tomando a saída cara a Cambados, atópanse á dereita da primeira rotonda.


lanzado por porquiño | 11:47 |