31.03.04

millo corvo



esta fin de semana estiven na VI festa do millo corvo en Meiro, Bueu. Esta variedade de millo de cor negra cultivábase moito na zona fai anos pero foise abandonando pouco a pouco. A Asociación Sociocultural, Deportiva e Xuvenil de Meiro intenta recuperar o seu cultivo ou polo menos a súa memoria; tamén organizan outras actividades como fomentar a participación dos nenos nas tareas relacionadas co cultivo do millo.
Na festa puiden degustar empanada de bacallau e pan con fariña de millo corvo; ámbolos dous moi ricos e cun colorciño escuro moi apetitoso.
Aquí pódese ler un poco máis sobre este tema.


lanzado por porquiño | 15:08 | |

es muy curioso. yo recuerdo espigas de éstas en casa de mi abuela (Poio). saludos
Mc    1 04 2004 - 19:33    #

yo recuerdo maíz negruzco(más bien rojizo muy oscuro) por la zona de Tarrío(que sin duda conocerás...). mucho antes de hacer la carretera y demás, aunque quizá todavía lo siga habiendo...
elnevero    5 04 2004 - 15:16    #

na miña zona (salnés) chámase millo moro. pero nos tempos nos q estamos, é moito máis politicamente correcto dicir millo corvo.
ro    12 04 2004 - 12:35    #