17.02.04

fin da poda



estes días rematamos coa poda das viñas de albariño (aínda que queda polo menos un día máis para rematar con outras parras de uva tinta e catalana). Na foto pode verse o resultado de tanto traballo; teño que agradecer ao meu veciño Manolo que me ensenara a técnica da poda aínda que sigo tendo dúbidas moitas veces antes de cortar. Tamén aprendín novos termos como ghomada (as ramas novas) e tornos (os novos gromos das vides). Ahora falta atar cada unha das vides aos aramios que as suxeitan pero para isto xa non hai que depender da lúa; para os non iniciados apunto que a forma tradicional de atar é usando ramiñaas de vimbio (mimbre en castelán) previamente a remollo pero como todavía non temos ningún arboliño de vimbios (un vimieiro, vimbieira, salgueiro blanco : salix viminalis) terá que ser con macarrón (un cordel de plástico azul lixeiramente elástico e resistente).




lanzado por porquiño | 18:10 | |

mira que non ter un salgueiro...
ascárida    19 02 2004 - 16:45    #

dame tempo que acabo de estreala casiña... pero definitivamene tenño que plantar varios; así tamén me serven de fronteira cos veciños molestos.
puerquito    19 02 2004 - 17:46    #

oi, si, e non vexas o útiles q son para dar vareadas, ou vimbiadas, máis correctamente. se che gustan estas cousas, tamén te animo a aprender a facer cestos de vimbios. quedan moi chulos e é moi doado. sorte con ese albariño en cernes.
maiself    20 02 2004 - 13:00    #

gracias polos consellos. xa venderei o viño onlain para que esta páxina dea máis beneficios que os persoais :-)
puerquito    20 02 2004 - 13:47    #

por que?non te deixas de caralladas en inglis e pos todo en galego ou en español que tamen e una lingua ben bonita
antonio    8 05 2004 - 19:25    #

paciencia home. isto é un proceso lento de traducción porque todavía non vivo disto.
porquiño    10 05 2004 - 14:27    #