roupa de inverno

Hoxe, aproveitando un pouco de sol despois de tanta chuvia e frío, puiden estrear este novo abrigo que me regalaron os meus avós de Perlío.

Comentarios | posted 24.01.10

vendima


Fai pouco estivemos a recoller todas as uvas que había nas parras da casa. Gústanme moito as uvas pero nunca vira tantas xuntas.

Comentarios | posted 21.10.09

foto carné


Así de guapa saín na primeira foto carné que me fixeron.

Comentarios [1] | posted 8.09.09

na feira de novo


Este ano volvéronme levar á feira labrega de Mosteiro. Vin porcos, cabalos e unha vaca que me deu un pequeno susto co seu muuuu.

Comentarios | posted 5.07.09

praia


Esta semana fun por vez primeira á praia. A mágoa foi que non fixera mellor tempo porque gostei moito de xogar coa area e coa auga do mar.

Comentarios | posted 6.06.09

guindas

Este ano a guindeira está ben chea de guindas. Tanto que despois de recoller un bo cesto delas aínda quedan unhas cantas para os paxaros.

Comentarios [1] | posted 1.06.09

non parar



canto traballiño por facer…

Comentarios [2] | posted 22.05.09

xa teño 1 ano!

Este sábado cumprin o meu primeiro ano e o domingo fixéronme unha pequena festa de cumpreanos.


A rosca fíxoa a miña nai.

Comentarios [2] | posted 9.03.09

entroido

Comentarios [1] | posted 24.02.09

na herba


Con este bo tempo que está a facer esta fin de semana estiven xogando por vez primeira na herba.

Comentarios [1] | posted 22.02.09

máis vello